Mariscadores de Carril pídenlle ao patrón maior que mova ficha para cesar a actividade

CARRIL> Concentración dos mariscadores a pé de Carril contra o seu patrón maior. Pídenlle á Confraría que remita á Xunta a petición da agrupación para para-lo plan de explotación ante a escaseza de recurso. Queren un cese de actividade de cinco meses para que as zonas de extracción se recuperen.

A chuvia non impediu ós mariscadores a pé de Carril saír á rúa. A súa agrupación quere adapta-lo seu plan de explotación para poder solicitar un cese de actividade ante a escaseza de recurso. A proposta foi aprobada pola asemblea dos mariscadores e súa propia agrupación foi a que lla trasladou a Mar. Pero a consellería dílles agora que ten que ser a confraría o que mande ese escrito. E aí é onde xorde o problema porque, segundo din, o patrón maior négase a envialo.

O que pretenden os mariscadores e paraliza-la súa actividade durante cinco meses para tentar que o recurso se recupere. Porque sen recursos nin cese de actividade, os ingresos non entran por ningures.

A Xunta deulles un prazo de 10 días para presenta-la documentación precisa. Esíxenlle ó patrón maior que a remita á Consellería do Mar canto antes e piden a súa dimisión por facer oídos xordos a un acordo asembleario da agrupación de mariscadores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí