O rianxeiro Daniel Varela Tubío participa na Copa do Rei de Golf

RIANXO> O rianxeiro Daniel Varela Tubío  iniciou esta mañá nas instalacións do Club de Golf Alcanada, en Mallorca, a súa participación na Copa do Rei. O torneo, que se prolongará ata o vindeiro domingo 3 de marzo, será valedoiro para o Ranking Mundial Amateur en categoría masculina.

O mozo rianxeiro que compite da man do Club Val de Rois, agarda poder pasar o corte que se establecerá no posto 64, despois das dúas primeiras xornadas de competición. A partir da terceira xornada e xa ata o final xogarase por eliminatorias.

No torneo toman parte 120 golfistas, dos cales só 26 son españois, o que evidencia a súa importancia, pois non deixa de ser unha das competicións de maior prestixio do mundo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí