Desta si, Marcos González deixa o Consorcio

    CAMBADOS> Marcos González non comezará o ano como Presidente do Consorcio do Comercio do Salnés. Este é o ultimatum que volveu a repetir esta mañá en rolda de prensa pero asegura que esta é a definitiva. Unha comparecencia na que deu conta da carta na que solicitaron a baixa desde a Asociación de Ribadumia e a contestación que el lle remitiu ós poucos días. Marcos César González leva meses intentando abandonar á presidencia do Consorcio do Comercio do Salnés sen chegar a culminar o seu cese. Agora asegura que non comerá as uvas sendo presidente, pese a quen lle pese. Clama por un relevo tras oito anos no cargo para que se acheguen novas ideas. González acepta que se está a dar unha imaxe pouco seria do Consorcio e que para evitalo é preciso que se forme unha nova directiva. Antes de finais de ano haberá una nova reunión de presidentes de asociacións da que deberá saír, alomenos un novo candidato, e se non, irá a sorteo. A pinga que colmou o vaso foi a carta na que a Asociación de Ribadumia solicitaba a súa baixa por entender que había un baleiro de poder no Consorcio no que non estaban ben representados. González, contundente, leu esta misiva remitida desde Barrantes e, de seguido, a resposta que lle deu el días máis tarde. No caso ribadumiense González contesta que a baixa se debe a un descontento por intereses económicos: demandaban unha partida máis grande da que podían xustificar con proxectos actuais. Aquí, o aínda Presidente contestou que o Consorcio non é un banco para prestar cartos a conveniencia e, amais, que co tema do reparto pecuniario se tiñan que axustar escrupulosamente á lei. Como peche, destacou asemade o traballo feito polo Consorcio nos últimos anos na defensa dos intereses do pequeno comercio. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/05/marcoscesar.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/05/consorcio_comercio_051213.mp4{/flowplayer}