Boiro acollerá un Mercado de Nadal

    BOIRO> A actividade, organizada polo colectivo Creaturas, celebrarase o vindeiro 13 de decembro na rúa peonil. Coa finalidade de darlle maior valor ó proceso artesanal, potenciando o traballo que desenvolven diferentes artistas locais de campos tan variados como a música, a artesanía ou o teatro, o colectivo Creaturas desenvolverá o vindeiro venres 13 de decembro, festividade de Santa Lucía, un mercado de Nadal, denominado ‘Feito con xeito’. A actividade terá lugar entre as doce e as nove da noite, na rúa peonil. Un dos colectivos que estará presente neste mercado de Nadal, será ‘Entreagullas’, asociación de recente creación. Eses día haberá tamén diversas actuacións de música en directo como é o caso de Aghorafobia, Maitine e Ollomol. Ademais aquelas persoas que merquen algo no mercado recibirán unha rifa para o sorteo dun lote de regalos doados por tódolos postos participantes, e que estará a exposición ata ese día na tenda Baldani. Trátase en definitiva dunha actividade atractiva e novidosa na comarca, a semellanza doutras iniciativas deste tipo que se desenvolven en grandes cidades coma Santiago, A Coruña ou Vigo. Unha máis das opcións que o colectivo Creaturas está a levar a cabo nestes seus primeiros sete meses de vida. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/05/presentacionmercadonadalboiro051213.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/05/presentacionmercadonadalboiro051213.mp4{/flowplayer}