A Deputación financia programas para menores da Cruz Vermella

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra ven de asinar un convenio ca Cruz Vermella nesta provincia co fin de seguir cofinanciando os programas de respiro a animación hospitalaria e de prevención da violencia dos centros de ensino. A Deputación de Pontevedra achega 33.000 euros á Cruz Vermella para que poida seguir adiante cos programas de respiro e animación hospitalaria e prevención da violencia nos centros de ensino, ámbolos dous destinados a menores de idade de toda provincia e ás súas familias. O primeiro destes programas atende a nenos hospitalizados ou convalecentes nas súas casas por enfermidades de media ou longa duración. En moitos dos casos, as atencións non só foron nas aulas dos hospitais senón nas propias habitacións dos doentes, en duascentas actuacións especiais. Para o outro dos programas o de Sen Violencia-Convivencia, a achega é de 15.000 euros anuais que se invisten en previr conductas violentas nos centros educativos, así como á sensibilización da cidadanía en xeral contra a violencia. A Cruz Vermella, mediante un gran número de voluntarios, é a encargada de levar a cabo ámbolos dous proxectos na Provincia. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/09/convenio_cruz_vermella.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/09/cruz_vermella_dipu.mp4{/flowplayer}