Alfonso Rueda reclama ‘paz e tranquilidade’ para os traballadores de ENCE

PONTEVEDRA> A sentenza do Tribunal Supremo avalando a continuidade de ENCE en Lourizán copou a actualidade hoxe en Pontevedra. Pola cidade pasou o presidente da Xunta de Galicia. Alfonso Rueda celebrou a decisión, reclamou paz e tranquilidade para os traballadores e instou ao concello pontevedrés a cesar no que considera un acoso.

A sentenza do Tribunal Supremo sobre ENCE é boa nova para os seus traballadores pero tamén para Pontevedra. Así o considera o presidente da Xunta de Galicia.

Alfonso Rueda agarda que o pronunciamento do Tribunal Supremo avalando a prórroga garanta agora o futuro do seu persoal. Ademais, o presidente autonómico pide ao concello de Pontevedra que non continúe a batalla contra a pasteira.

En canto ao Partido Socialista, Rueda agradeceu o que considera un cambio de postura.

O presidente da Xunta tamén se referiu ao futuro de ENCE e da súa relación coa cidade. Asegurou que agora reclamarán á pasteira que retome os compromisos suspendidos. Entre eles, o Plan Social.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí