800 alumnos participan no “Campo a través” de Pontevedra

PONTEVEDRA > 800 alumnos de nove colexios de Pontevedra participaron esta mañá nun campionato de “Campo a través”. A iniciativa busca que os máis cativos gocen das actividades deportivas, ó tempo que entran en contacto coa natureza. A cita deportiva busca fomenta-los bos costumes deportivos entre os máis pequenos, potenciando a convivencia entre o alumnado dos nove centros da cidade que participaron na proba. Segundo explican dende a agrupación Deporte Base de Pontevedra, responsable da organización, outra das claves é concienciar, xa dende pequenos, que neste tipo de actividades o importante é participar. No campo a través participaron uns 800 nenos, repartidos por idades. Os benxamíns tiveron que correr uns 600 metros e os cadetes completaron un percorrido de 2 km-. Entre os corredores, moita diversión e, sobre todo, moito esforzo para poder completa-lo percorrido. Para os máis rápidos a recompensa en forma de medalla. Así e todo, o mellor premio para eles foi poder gozar dunha amena xornada de xogos, carreiras e novas amizades.

4 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí