Dez ex drogodependentes traballan na vendima en Pazo Baión

    vendima_pazo_baion100.jpgVILANOVA> Condes de Albarei comezou esta mañá a vendima en Pazo Baión, na que participan dez ex drogodependentes.

    {flowplayer}images/salnes/160909_vendima_pazo_baion.flv{/flowplayer}

    VILANOVA> A Cooperativa Condes de Albarei comezou esta mañá a recoller parte das uvas dos viñedos de Pazo Baión. Dez ex drogodependentes participan nesta primeira vendima, cumprindo así co compromiso asinado co Plan Nacional Sobre Droga e a Consellería de Sanidade cando a sociedade adquiriu o edificio.

    A mediados da semana que vén os cooperativistas de Condes de Albarei comezarán o groso da vendima nas súas parcelas, sen embargo, esta mañá xa se recollían as primeiras uvas nunha das parcelas do Pazo Baión. Trátase dos froitos que xa acadaron o seu grao óptimo de maduración e que servirán para elaborar o pé de cuba.

    Nesta primeira vendima están a traballar dez exdrogodepentes, de acordo co convenio asinado pola Cooperativa cando adquiriu o Pazo. O pacto fixaba o compromiso de contratar a persoas en proceso de desintoxicación para realizar as labores de recollida de uva ou poda no viñedos desta propiedade. A escolla realízase en consonancia co Plan Nacional sobre Drogas e a Consellería de Sanidade.

    Este ano Condes de Albarei viuse sobrepasado ante o aluvión de solicitudes para traballar na vendima tanto en Pazo Baión como nas demais parcelas da Cooperativa. Arredor de setecentas. As uvas están xa na fase final de maduración.

    Os expertos indican que este ano o seu estado sanitario é bo, cun grao alcohólico superior ó do 2008 e menor acidez. Agora agardan que o tempo acompañe durante os días de vendima, aínda que en principio, as chuvias febles de hoxe incluso benefician ós froitos.

    Redacción Salnés