Louzán: “Queremos que o talento se quede na Provincia de Pontevedra”

PONTEVEDRA> Comeza o prazo de asignación dos postos de emprego en empresas privadas para bolseiros da Deputación de Pontevedra. Hoxe comezou o proceso de escolla de 150 das case 500 prazas que se ofertan. Un 150 mozos de toda a Provincia de Pontevedra xa saben desde hoxe en que empresas traballarán desde primeiros do ano que ven nun contrato en prácticas como bolseiros. Esta é a primeira quenda dun global de case 500 rapaces altamente cualificados que intentan así procurar o seu primeiro emprego no seo, no sector para o que estudiaron. A Deputación Provincial pontevedresa será a encargada de facerse cargo do seu custe laboral durante 6 meses, prorrogables a un ano. O que se procura con esta iniciativa é frear a coñecida como fuga de cerebros na Provincia. Amais das 424 prazas propostas inicialmente, agora hai que sumar outras trinta que irán destinadas ás Confrarías pontevedresas. En virtude do acordo asinado onte, os pósitos claramente afectados pola crise poderán dispor de persoas cualificadas para seguir adiante ca súa actividade. Co que, redondeando, as bolsas para traballar en empresas privadas financiadas pola Deputación ascenden a cincocentos, ós que hai que sumar outro case medio milleiro que se adxudicaron recentemente ós Concellos e administracións públicas da Provincia. Esta experiencia continuará en sucesivas edicións dado o éxito da presente. Nos vindeiros días seguirán adxudicándose o resto das bolsas en 103 titulacións diferentes. Hai algunhas prazas que quedaron desertas por falla de especialistas na materia como foron a dos titulados en Ciclo Superior de Animación en 3d, xogos e contornos interactivos; enxeñerías de Telecomunicacións de Electrónica e Telecomunicacións de Telemática, e a licenciatura en enoloxía. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/12/depu_bolseiros.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/12/seleccion_bolseiros_deputacion.mp4{/flowplayer}

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí