Pontevedra> A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para este mércores 24 ás 20:30 na Praza da Peregrina. O obxectivo desta mobilización é o de amosar a súa negativa ante a decisión da Xunta de Galicia de modificar a actual Lei Galega de Saúde.
Nesta xornada, o presidente da Federación de veciños Castelao, Juan Manuel Loureiro, ademais doutros integrantes de SOS Sanidade Pública, manifestaban as causas que levaron á plataforma a convocar esta concentración o mércores 24 de xaneiro na Praza da Peregrina.
Loureiro lembrou que dende que Feijóo está na presidencia da Xunta de Galicia recortou o orzamento sanitario nun 18 por cento, pechando 970 camas, suprimindo 513 prazas de persoal médico e máis de 1100 pertencentes a persoal non sanitario.
Dende a Plataforma anunciaron que hoxe e mañá realizarán reparto coa información e o supón a nova Lei que queren aprobar dende o Goberno de Núñez Feijóo. Con todo agardan que a cidadanía se mobilice e asista a esta concentración este mércores, dende esta plataforma consideran que aínda están a tempo de para esta nova lei de saúde.











