Veciños da rúa Eduardo Pondal solicitan a retirada do composteiro comunitario

260

Pontevedra> Un grupo de veciños da rúa Eduardo Pondal e Teixoeira presentaron 348 sinaturas, no rexistro do concello, para solicitar ao Goberno Local a retirada do composteiro comunitario desa zona. Estes veciños din que non están en contra da compostaxe, pero si da maneira e formas nas que se realizou esta instalación. Critican, os veciños, que o concello non informase en ningún momento de todo este procedemento.

348, ese é o total de sinaturas que se presentaron esta mañá no rexistro do concello para solicitar a retirada do composteiro comunitario que está instalado na Rúa Eduardo Pondal.

Os veciños din que non teñen unha alternativa, xa que teñen claro que ese non é o seu traballo.

Unha das críticas máis grandes que realizaron nesta xornada é que o Goberno Local non informou en ningún momento da instalación deste composteiro comunitario.

Coa presentación destas sinaturas queren amosar que non é certo o que as veces din dende o Goberno Local é que a día de hoxe son máis os veciños que non queren aí o compost 348 fronte aos que o queren 40 familias.

Deixan claro que están a favor da compostaxe, parécelles un bo sistema, pero tamén saben que é algo que se debe facer nun sitio adecuado para iso e non nun lugar pegado ás vivendas.

Estes veciños continuarán co seu proceso de recollida de firmas, deixan por diante que non pertencen a ningún partido político, que son veciños da zona, Eduardo Pondal e Teixoeira, que queren amosar o seu desacordo ante a situación actual do composteiro comunitario.