Nos banquetes de Nadal das Rías Baixas non haberá crise

PONTEVEDRA> Os cidadáns das Rías Baixas sopesarán máis as súas compras este Nadal, intentarán mercar con máis sentidiño e agasallos máis ben prácticos. Onde si non escatimarán será na mesa; continuarán enchendo os seus fogares de viandes nos días festivos. A crise provoca de novo este Nadal que os veciños das Rías Baixas teñan que conter o gasto tamén nestas datas tan especiais. Con todo, os comerciantes aseguran que notan como hai un certo repunte nas vendas desde que empezou o mes; e na rúa os cidadáns admiten que estes días se van a dar algún que outro capricho para eles e para os seus. O certo é que o orzamento é menor que o de outros anos, co que moitos intentarán facer felices ós seus pero con agasallos máis ben prácticos. Onde si non vai a haber tantos recortes é a hora de comer: os banquetes seguirán sendo especiais nas datas festivas. Outro dato a salientar é que este ano os clientes están a secuenciar as súas compras: están comprando máis paseniñamente deste primeiros de mes para evitar as aglomeracións de última hora. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/12/compras.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/12/enquisa_gastos_nadal.mp4{/flowplayer}