Chegou a hora de Marea Pontevedra

PONTEVEDRA> O primeiro partido que presentou o seu programa electoral foi Marea Pontevedra. O candidato á alcaldía, Luis Rei, acompañado por diversos integrantes do grupo municipal mostrou esta mañá as 180 propostas coas que intentarán convencer aos veciños da necesidade de que haxa un relevo no Concello.

Chegou a hora. Ese é o lema principal da candidatura de Marea Pontevedra ás eleccións municipais. O grupo local presentou hoxe un programa pensado nas necesidades dos veciños e nas queixas que recibiron durante estes últimos catro anos.

As propostas de Marea Pontevedra xiran arredor de tres ideas, a primeira, a igualdade.

O grupo municipal quere que a xente que vive nos arredores da cidade, así como os colectivos con discapacidades funcionais non se sintan excluídos. Por iso, a segunda medida é a inclusión.

Por último, Marea Pontevedra céntrase na xustiza e propón a creación de garderías municipais e de residencias de maiores de titularidade pública.

O candidato de Marea presenta un equipo disposto a tomar o relevo do goberno nacionalista e Luis Rei está convencido de que chegou a hora…