O Concello de Pontevedra elabora un plan de reinserción social para as persoas sen fogar

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra traballa na elaboración dun plan de reinserción social para as persoas sen fogar. O goberno municipal entende que é un bo momento para facelo pola vontade demostrada entre os usuarios que utilizaron durante este confinamento os albergues municipais.

O Concello de Pontevedra habilitou durante este confinamento dous albergues na cidade para as persoas sen fogar. O de Raíña da Paz chegou a estar ocupado por unhas 24 persoas e o do Multiusos da Xunqueira ten actualmente unha quincena de usuarios. Todos eles mostraron nestas semanas unha vontade por comezar unha nova vida. Algo que quere aproveitar o goberno municipal para deseñar un plan de reinserción social.

Este plan busca darlles a todos eles unha nova oportunidade e dar resposta as súas necesidades.

O plan de reinserción aínda non está pechado. Neste eido, cabe destacar que o goberno municipal aprobou  esta mesma semana unha liña de axudas de 30.000 euros para os pontevedreses sen recursos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí