Pontevedra> O Cardenal Rouco Varela será o encargado de dar o pregón da Semana Santa pontevedresa. Unha cita que terá lugar o luns 26 de febreiro ás oito da tarde no Teatro Principal. Unha Semana Santa que chegará con 8 procesións, e probablemente algunha novidade á Boa Vila.
Dende a xunta coordinadora da Semana Santa en Pontevedra xa están ultimando todos os detalles para a celebración desta festividade na Boa Vila. O que xa teñen pechado é o pregoeiro deste ano que será o Cardenal Rouco Varela.
Unha cita que terá lugar o luns 26 de febreiro ás oito da tarde no Teatro Principal. Este ano chega o pregón cun mes de antelación, pero as axendas non permitiron pechar outra data.
Dende a xunta de confrarías din que a disposición do Cardenal para asistir a Pontevedra foi total dende o primeiro momento.
Unha Semana Santa sobre a que xa están traballando e que será moi semellante ao do pasado ano.
Pontevedra acollerá 8 procesións ao longo deses días, as que máis éxito teñen son a do xoves e venres santo.
En pouco máis de 10 días terá lugar o pregón que anuncia a chegada da Semana Santa, unha data que este ano cae na última semana do mes de marzo.










