Vítima de violencia de xénero denuncia que o seu agresor utiliza o Dispositivo Cometa para asustala

O GROVE> Unha veciña do Grove vítima de violencia de xénero denuncia os fallos do dispositivo cometa. Este aparello é o que alerta ás vítimas cando o agresor quebranta a orde de aloxamento pero ao funcionar cunha sim de móvil, numerosos teleoperadores chaman coas súas ofertas ás vítimas, xerando tensión e medo nelas ao pensar que se trata da alerta de prevención do seu agresor. A veciña tamén denuncia que a súa exparella é consciente destas advertencias e que por iso deixa sen cargar o dispositivo cometa para que a vítima estea en alerta en todo momento.

O dispositivo cometa é o que se emprega para asegurar que os agresores de violencia de xénero non se achegan ás súas vítimas. Ademais de levar unha pulseira na perna, tanto as vítimas como o agresor teñen que levar este dispositivo para estar localizados. Pero ao funcionar cunha tarxeta Sim, isto permite que as vítimas reciban chamadas de teleoperadores. O que xera medo e tensión nelas con cada chamada.

A vítima denuncia que o seu agresor é consciente destas alertas, por iso deixa sen cargar o dispositivo continuamente para mantela con medo.

Outros dos erros que denuncia deste sistema é que cando queda sen cobertura, as vítimas están desprotexidas.

Por todo isto, a veciña reclama que se endurezan os castigos ao agresor cando non estea localizado impedindo así que as vítimas estean en tensión constante e que melloren o sistema.

No seu caso particular, Eva Alfonso foi disparada pola súa exparella con dous tiros no 2018. O seu agresor saíu en liberdade no 2020 e aínda está agardando o xuízo. A vítima lamenta que a xustiza sexa tan lenta e que o seu agresor siga estando en liberdade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí