VILAGARCÍA> Representantes de CONFAPA Galicia e FANPA Pontevedra sumáronse en Vilagarcía a unha nova protesta no colexio de Carril. As organizacións mostran o seu apoio ás nais dos estudantes de quinto de infantil que piden o desdobre da clase debido á saturación de alumnos. Advirten que é máis importante a educación do alumnado que a reivindicación laboral dos profesores.
Outro día máis as nais do alumnado de quinto de infantil do colexio de Carril volveron a manifestarse diante do centro. Como mostra de apoio, representantes da Confederación galega de Anpas de centros públicos e da federación de Anpas de Pontevedra sumáronse as protestas.
Dende CONFAPA piden ao colexio que modifique o cuadrante e velen polo benestar dos alumnos.
Pola súa banda, dende FANPA esixen a educación que antepoña o interese do alumnado ao do profesorado.
Ambas organizacións animan as nais a seguir protestando. Advirten que esta loita non é por un capricho se non por unha reivindicación lóxica.