Zona Aberta e Caixa Galicia presentan unha tarxeta Visa para os seus clientes

    VILAGARCÍA > Os vilagarciáns e máis concretamente, os clientes de Zona Aberta, poderán gozar da tarxeta…

    …VISA-ZONA ABERTA froito da colaboración entre a asociación vilagarcián e Caixa Galicia.Un xeito de facer máis atractivo o comercio vilagarcián os veciños da vila e que, segundo o seus impulsores, trátase dunha das tarxetas máis competitivas do mercado español. Trátase dun proxecto pioneiro en Galicia e é o resultado do esforzo e a colaboración de toda a xunta directiva, a unión da asociación e os asociados. A tarxeta VISA-ZONA ABERTA aposta pola adaptación e a renovación do comercio e do xeito de marcar na cidade vilagarcián.

    A entidade financeira Caixa Galicia leva anos desenvolvendo proxectos na vila, apostando por Vilagarciá. Segundo o seu director territorial, José Manuel Fernández se trata dun producto que cubrirá as necesidades dos clientes de Zona Aberta. Estamos ante unha aposta ambiciosa.

    O primeiro ano se porán na rúa 10.000 tarxetas. Con esta tarxeta o cliente pode elixir no momento da compra a forma en que quere pagar. As promocións que se presentan coa tarxeta fan máis atractivo se cabe este producto: descontos, aparcadoiros gratuitos son algúns destes incentivos. Ademais se trata dunha tarxeta gratis de por vida. En definitiva un tanto máis de Zona Aberta en colaboración con Caixa Galicia para conseguir que día tras día o comercio tradicional vilagarcián sega crecendo.

    Redacción Salnés