Amigos de Galicia e o concello de Ribeira colaboran na inserción laboral dos desfavorecidos

RIBEIRA> A Fundación Amigos de Galicia vén de asinar un convenio co concello de Ribeira para favorecer a inserción laboral de persoas en risco de exclusión social. En colaboración co empresariado da zona, elaborarán itinerarios profesionais personalizados e promoverán a realización de prácticas. O concello de Ribeira e a Fundación Amigos de Galicia deron un paso máis na estreita colaboración que veñen mantendo dende hai anos. Desta volta, veñen de asinar un convenio de colaboración para favorecer a inserción laboral dos usuarios da fundación, a través da elaboración de itinerarios profesionais personalizados.A colaboración dos empresarios do Barbanza é outra peza clave para o éxito de convenio, que promoverá a realización de prácticas en empresa. Ramiro Carregal, presidente do Grupo Frinsa , participou tamén no acto de sinatura celebrado este mediodía na casa consistorial.