BOIRO> Éxito do festival solidario celebrado en Boiro en beneficio de Cáritas. Os numerosos asistentes que ó longo da xornada pasaron pola carpa situada na praza de Galicia achegaron alimentos e produtos de hixiene, que se destinarán ás familias máis necesitadas do municipio.
A implicación do tecido asociativo e a colaboración cidadá fixeron do festival solidario de Boiro todo un éxito. Numerosas persoas pasaron durante toda a xornada pola carpa situada na praza de Galicia para asistir a algunha das actuacións e entregar o seu donativo en forma de alimentos ou produtos de primeira necesidade.
Tódolos produtos recollidos nesta xornada irán destinados a Cáritas que , na actualidade, atende a medio cento de familias en colaboración co concello e Cruz Vermella.
A iniciativa de organizar este festival benéfico partiu do grupo The Cuncas que inicialmente plantexou ó concello un concerto solidario. Fóronse sumando outras entidades ata configurar esta gala, onde espectáculo e solidariedade van da man.