BARBANZA> A través desta iniciativa os nacionalistas barbanzáns pretenden sensibilizar ós veciños da comarca a que realicen as súas compras no comercio tradicional. O BNG sumarase así á campaña que esta formación política está a desenvolver a nivel nacional en apoio ó comercio local e ós produtos galegos. Para os nacionalistas, o comercio tradicional está a vivir difíciles momentos, derivados directamente da crise económica que estamos a sufrir. A esta situación hai que sumarlle tamén, segundo eles, as políticas que está a levar a cabo o Partido Popular, dende os Goberno Central e Autonómico, que están a supoñer novos atrancos para o sector, un dos principais motores económicos das vilas galegas. Dende o BNG aluden a varias iniciativas para mellorar esta situación. A campaña vai estar animada a través da instalación de carteis e reparto de díticos a pé de rúa, animando a mercar no comercio local. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/18/bngbarbanzaapoiocomerciolocal181213.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/18/bngbarbanzaapoiocomerciolocal181213.mp4{/flowplayer}
Inicio Barbanza - Muros - Noia








