Ábrese o prazo de solicitude para a pesca da lamprea no Ulla

    PONTECESURES> A primeiros do ano que ven, o día un abrirá a campaña da lamprea no Río Ulla. Así se ven de publicar hoxe no Diario Oficial de Galicia no que amais se recollen as normas que regularán o vindeiro ano esta práctica. O prazo para as solicitudes de pesca ábrese mañá. Mañá ábrese o prazo para a presentación de solicitudes para a pesca da Lamprea no río Ulla. Deste xeito, os baleiros que estean interesados poden persoarse na xefatura territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras de Pontevedra ou ben, presentar a documentación por vía telemática. O prazo continuará aberto ata o día 8 de xaneiro, tal e como se recolle hoxe no Diario Oficial de Galicia. Neste DOG establécense tamén os prazos de apertura. Deste xeito, nas pesqueiras de Areas, en Herbón, o prazo para pescar irá do primeiro de xaneiro ó 28 de marzo; no treito que vai de a pesqueira As Vellas en Herbón ata a de Trapa, poderase pescar do 1 de febreiro ó 25 de abril; e no treito que vai das pesqueiras da Caseta e Furado, en Carcacía, ata a do Lampreeiro e paraxe das Pesqueiras, en Reis, do 10 de febreiro ó 9 de maio. Nesta orde da Xunta recóllense tamén as condicións que regularán a pesca desta especie ancestral: nas pesqueiras de Areas e As Vellas haberá que deixar libre a canle central do río, quedando prohibido traballar na Vea. Amais as redes empregadas non poderán danar outras especies piscícolas e todo aquel peixe que non sexa lamprea deberá ser devolto ó río ou entregado ós axentes de Conservación da Natureza. Os butróns só poderán estar calados desde as oito da noite ata as oito da mañá, quedando prohibido calar as redes na fin de semana. A maiores, cada embarcación deberá levar un rexistro de capturas por escrito diario. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/18/lamprea.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/18/lamprea_181213.mp4{/flowplayer}