MEANO> Meaño nomea aos novos socios da confraría de Gastronomía e viños Corazón do Salnés en vistas á festa do viño da vila. Un total de 12 persoas recibiron este recoñecemento coa tradicional entrega de capas. A festa do viño terá lugar a vindeira fin de semana e incluirá os stands do viño, concertos, o desfile e o pregón o sábado e a comida de confraternidade o domingo.
Meaño quece motores para a súa gran Festas do Viño. Como previa a esa celebración, a confraría de Gastronomía e viños Corazón do Salnés nomeou aos seus novos socios. Nesta ocasión foron un total de 12 persoas ás que recibiron este recoñecemento coa tradicional entrega de capas. Persoas vencelladas ao mundo do viño.
A confraría tamén anunciou o nome dos que serán nomeados cabaleiros e damas de honra nesta edición da festa do Viño. Nun acto que terá lugar o sábado tralo desfile das autoridades. A festa comezará o venres coa apertura dos stands.
A festa incluirá actuacións musicais durante tódolos días e a comida de confraternidade o sábado. Unha festa para poñer en valor e promocionar Meaño e os seus viños.
No apartado musical destacan as actuacións o venres de Broken Peach, o sábado da orquestra marbella e o domingo da Oca Band.