Sobe case tres euros o prezo da pescada nun día

    VILAGARCIA> E se onte facíamos un repaso ás vendas de peixe e marisco na comarca do Barbanza, hoxe acudimos a unha praza da Arousa para coñecer como se porta o mercado nesta semana previa ó Nadal. De onte a hoxe subiron os prezos de varias especies como a pescada, as nécoras ou outros peixes e mariscos da ría. Na Praza de Abastos de Vilagarcía a penas se rexistraban movemento esta mañá malia estaremos ás portas do Nadal. Nestes días os clientes conteñen o gasto para poder mercar para os festivos da semana que ven. E é que estes son uns días difíciles porque a xente que tiña pensado mercar para conxelar xa o fixo e os que prefiren comer producto fresco agardarán ata a semana. Así nestes días os prezos son semellantes ós da pasada semana en gran parte dos productos frescos. Aínda que, neste mercado municipal comprobamos como de onte a hoxe xa subira o prezo dalgún producto dos considerados de calidade como son a pescada ou a nécora e o centolo da ría. Con todo este ano non houbo moita xente que mercara para conxelar, dado que o ano pasado non subiron moito os prezos nas vésperas dos festivos; co que a clientela coida que cómpre agardar para comprar producto fresco. E se o peixe e marisco fresco a penas encareceu, o mesmo pasa cos productos conxelados. Ate o de agora só se están a vender lagostinos e vieira de fóra, posto que a de Cambados non a encontramos nas Prazas aínda nin en fresco nin en conxelado. E é que as pescantinas de Vilagarcía quéixanse estes días do escaso movemento da praza. Agardan a que a cousa se anime nos últimos días. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/18/praza.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/18/peza_praza.mp4{/flowplayer}