A Semana Santa arrinca a medio gas

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/18/ocupacion_semana_santa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/18/ocupacion_semana_santa.mp4{/flowplayer}

 

O GROVE> Moitos de vostedes xa estarán pensando nas vacacións. Esta tarde arrincou a primeira gran cita do ano para o sector hostaleiro: a Semana Santa. A falta das reservas de última hora, a Deputación de Pontevedra estima que a ocupación hoteleira será aproximadamente do 70%. Unha cifra moi semellante ás que manexan os hostaleiros de O Grove, unha das vilas máis turísticas da comarca.

A primeira gran cita da tempada turística arrinca coas reservas hoteleiras a medio gas. Os hosteleiros recoñecen que a Semana Santa comezou frouxa, aínda que mellor que o ano pasado.

A falta das reservas de última hora, o sector agarda acadar o 70% da ocupación hoteleira nos vindeiros días. Un dato que tamén manexa a Deputación de Pontevedra, a través de Turismo Rías Baixas.

Ademais, os visitantes optan por unha oferta turística máis completa, menos dependente da meteoroloxía, con máis interese nos aspectos culturais.

Sobre o perfil dos visitantes, Turismo Rías Baixas apunta que son sobre todo de España, con idades comprendidas entre os 35 e os 60 anos, que apostan por un turismo en familia e que chegan en coche ata as Rías Baixas.