ÚLTIMA HORA: Arde un catamarán en O Grove con máis de 40 pasaxeiros a bordo

O GROVE> Un barco de pasaxeiros comezou a arder nas proximidades da illa da Toxa sobre as 16:15 de esta tarde, por causas que aínda se descoñecen. No seu interior viaxaban uns 40 pasaxeiros, 8 nenos e tres tripulantes. Polo de agora hai contabilizados varios feridos por queimaduras, aínda que todos foron rescatados da embarcación, que arestora continúa intentando ser apagada polos servizos de emerxencias.
Segundo afirman fontes consultadas, algúns dos tripulantes votáronse a auga e outros foron sorridos nos primeiros momentos por embarcacións que se atopaban pola zona no momento do suceso.
Este incidente despregou un importante dispositivo de emerxencias, entre os que destaca a patrulleira da Garda Civil, medios sanitarios e do instituto armado chegados dende diferentes localizacións da comarca e dende Pontevedra. Dende Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, confirman que tamén participaron no rescate os servizos de Salvamento Marítimo e os Gardacostas e dous medios aéreos. Ademais estableceuse un perímetro de seguridade na zona.
O alcalde de O Grove, José Luís Cacabelos, confirmou aos medios de comunicación a existencia de dous feridos de carácter grave, que nestes momentos están sendo trasladados ao Hospital de A Coruña. Outros feridos foron evacuados ao Hospital Montecelo, e a maioría atendéronse no PAC do Grove.
Por causas que aínda se descoñecen o catamarán colidiu contra unha batea. O “Boramar” como así se chama a embarcación, parece que se estreara hai poucas semanas como embarcación turística.