Uns presupostos que permitirán saír do Plan de Axuste

    LOUSAME> O equipo de goberno aprobou en solitario os orzamentos para o vindeiro ano 2014. Fíxoo nun pleno que estivo marcado polo abandono dos grupos da oposición. Tanto o PSOE coma o colectivo nacionalista abandonaron a sesión, alegando que non tiveran tempo suficiente para estudar a documentación. Un feito que mesmo lamentou a propia alcaldesa, Teresa Villaverde. O documento orzamentario ascende a 2’7 millóns de euros, no que se ve incrementada nun 18% a partida dedicada a investimentos reais, o que permitirán reducir a débeda do municipio, quedando libre do Plan de Axuste adoptado para o pago a provedores no 2012, o que posibilitará que o concello teña unha maior disponibilidade orzamentaria. En canto a investimentos, os orzamentos de 2014 contemplan uns 894 mil euros a obras, o que supón un incremento do 18% con respecto ó exercicio anterior. Neste apartado inclúense obras como a mellora dos acceso do cruce de Ponte de Berrimes ó colexio da Silva; a recuperación medioambiental e patrimonial do paseo fluvial da Ponte de San Francisco; ou o acondicionamento de prazas no interior dos núcleos de Béxeres ou Vilas, entre outras. Con anterioridade tamén se aprobaron as obras a incluír no POS 2014. Un punto que saíu adiante cos votos a favor do equipo de goberno e que contou coa abstención dos grupos municipais da oposición. Dos 201 mil euros que lle corresponden ó concello, investiranse en obras uns 104 e a cantidade restante destinaranse a financiar gasto correte, especialmente en materia de alumeado público e tratamento de lixo. As actuación con cargo a este Plan da Deputación serán o acceso a Quintáns de Berrimes e a pavimentación do aparcamento do cemiterio de Tállara, así como a mellora do camiño Escabia-Fruíme e o acceso interior a Marracín de Abaixo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/20/plenolousamepresupostos201213.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/20/plenolousamepresupostos201213.mp4{/flowplayer}