Outes acomete un plan de mellora e mantemento dos parques infantís

OUTES> Segundo explicou o alcalde, Manuel González, con este plan pretenden dar solución as deficiencias que teñen na actualidade estes espazos de xogo.

O concello de Outes vai destinar uns 50 mil euros a actuacións de mellora e mantemento en diversos parques infantís do municipio. Está previsto actuar nos espazos de xogo de Cando, Porto Siavo, na Horta do Muíño e  Santo Ourente. A maiores actuarase tamén en maior profundidade nos existentes na praza da Cruz e en Pontenafonso.

O alcalde, Manuel González, sinalou que estas actuación buscan corrixir o forte deterioro sufrido nos parques infantís nos últimos anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí