O PXOM de Porto do Son afronta o trámite previo á súa aprobación definitiva

    PORTO DO SON> O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Porto do Son afronta o seu último trámite trala remisión do documento á Xunta para a súa aprobación definitiva. A partir de agora, o departamento autonómico de urbanismo dispón dun mes para comprobar que o expediente administrativo reúne toda a documentación requirida. Unha vez ratificado, abrirase un prazo de tres meses para o estudo do Plan. O documento foi aprobado inicialmente en pleno, en febreiro de 2012. No período de exposición pública presentáronse ó redor de seiscentas cincuenta alegacións. Tralo seu estudo e a emisión dos trinta informes sectoriais favorables, a tramitación do PXOM chega á súa fin tras un longo proceso no que se investiron preto de douscentos mil euros.