VILAGARCIA> A venda de Nova Galicia Banco á entidade venezolana Banesco non convence ós cidadáns das Rías Baixas. Tanto falar da galeguidade das caixas e agora vendeuse ó mellor postor. Mesmo encontramos clientes preocupados polo futuro dos seus aforros e inversións nesta entidade. O Presidente da Xunta de Galicia aseguraba onte que a entidade venezolana Banesco era a mellor opción para facerse ca adxudicación de Novagalicia Banco. Unhas declaracións que a cidadanía das Rías Baixas non comparte: tanto falar da galeguidade das caixas e finalmente é unha empresa do outro lado do Atlántico a que ven a facerse co primeiro banco galego. Tras este cambio de donos, os que son clientes de Novagalicia Banco amósanse intranquilos co futuro dos seus aforros e inversións. Pola súa banda os representantes sindicais dos traballadores amósanse preocupados polo futuro dos empregados. Aseguran que non é compatible falar de manter o emprego, como xa fixo o titular de Banesco, Juan Carlos Escotet, cando se segue a manter un ERE ca plantilla. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/20/ngb.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/20/reaccions_venda_ngb.mp4{/flowplayer}
Inicio Salnés - Caldas