Rescatado ileso o único tripulante dun barco afundido na Pobra

    POBRA> Rescatado en bo estado un mariñeiro tras afundir a súa embarcación fronte á costa da Pobra. Os feitos aconteceron de madrugada cando o barco colidiu contra unha batea no polígono situado entre Palmeira e Cabío. O único tripulante conseguiu subir á plataforma dunha batea e dar aviso ós servizos de emerxencia posto que portaba un sistema de comunicación. Inmediatamente activouse o dispositivo de busca no que participaron un pesqueiro que se atopaba pola zona, a patrulleira da Garda Civil Río Andarax e a Salvamar de Salvamento Marítimo. Foi esta última embarcación a que localizou ó mariñeiro que foi trasladado, ileso, ó porto de Ribeira.