Vilagarcía e Matosinhos colaboran para cumprir cos obxectivos da Axenda da Onu 2030

VILAGARCIA> Representantes do municipio portugués de Matosinhos reúnense en Vilagarcía con membros do goberno local para explicarlles o seu modelo de implantación da Axenda da Onu 2030. Con esta reunión o concello do Salnés inicia o seu proxecto para adaptarse aos obxectivos da Onu. A xuntanza serviu para que ambas vilas irmandadas recuperasen os contactos e planeasen colaboracións no futuro.

O concello de Vilagarcía está comprometido para cumprir cos obxectivos da Axenda da Onu 2030 de desenvolvemento sostible. Para elo o goberno local coa colaboración da Xunta de Galicia e o Fondo Galego de Cooperación reuníronse con representantes do municipio portugués de Matosinhos. A reunión serviu aos vilagarciáns para coñecer o modelo que desenvolven na cámara da vila portugesa.

En total son 17 os obxectivos da Axenda da Onu 2030 e están divididos en 5 pilares fundamentais: Persoas, Prioridades, Paz, Alianzas e Planeta. Dende o Fondo Galego de Cooperación destacan o papel clave dos concellos para cumprir co desenvolvemento sostible.

Vilagarcía é un exemplo de concello que xa cumpría con algún dos obxectivos pero non seguía os nomes da axenda. Dende o concello portugués agradeceron tanto a hospitalidade como o compromiso da vila do Salnés.

A reunión serviu para que as dúas vila irmandadas recuperasen as súas relacións. Ambos concellos xa traballan para levar a cabo proxectos conxuntos no futuro. O primeiro paso será unha visita do concello de Vilagarcía ao municipio portugés.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí