Preséntanse os proxectos do GALP 5 na Illa de Arousa

    A ILLA DE AROUSA > Durante o último naceron trinta proxectos relacionados co sector pesqueiro en Arousa Sur, financiados a través do GALP CINCO. As iniciativas buscan a dinamización do sector mariñeiro e a difusión da súa actividade, outorgándolle un papel protagonista á muller. Trinta proxectos e un investimento de 900.000 euros, procedentes da Xunta e do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca. Ese é o balance do ano de actividade do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da ría de Arousa, que se vai presentar o luns que vén na illa de Arousa. A xornada de portas abertas busca darlle difusión ás iniciativas levadas a cabo no último exercicio e fomenta-lo nacemento doutros novos proxectos para o ano vindeiro. Dende o GALP explican que calquera que teña un proxecto vinculado ó sector do mar pode optar a percibir fondos para poñelo en marcha, a título persoal, colectivo ou como administración. Para iso poñen como exemplo iniciativas impulsadas no 2017, como a creación dunha asociación de mulleres do sector do mar ou a iniciativa “Ollada cara o Mar”, impulsada polo goberno da Illa de Arousa. O prazo para prensentar proxectos ó GALP rematará o 1 de marzo do ano que vén.