Eliseo Martín e Solange Pereira: vencedores da Sin-Son 2013

PORTO DO SON> Eliseo Martín en categoría masculina e Solange Pereira en categoría feminina foron os gañadores absolutos da II edición da carreira popular en liña Sin-Son. A organización da proba destacou o alto número de participantes, máis de mil cincocentos sumando tódalas categorías, entre os que se atopaban destacados corredores como é o caso do propio Eliseo Martín ou Pedro Nimo O mal tempo durante toda a noite do sábado ó domingo, deu unha pequena tregua, durante a celebración da carreira, algo que agradeceron os atletas. O vencedor en categoría absoluta foi Eliseo Martín, atleta olímpico e medallista mundial nos tres mil onstáculos, cun tempo de 31 minutos e 11 segundos. Detrás del, a tan só un segundo o internacional Alejandro Fernández e en terceiro lugar Pedro Nimo. O podio nesta categoría evidencia o alto nivel dos atletas participantes. Polo que respecta á categoría feminina a gañadora foi Solange Pereira que completou os dez quilómetros de percorrido entre Portosín e Porto do Son cun tempo de 36 minutos e 34 segundos. En segundo lugar quedou Raquel Suárez e en terceira posición Esther Pedrosa. Dende a organización da proba destacaron o alto número de participantes, así como o desenvolvemento da proba, agradecendo a implicación e o respaldo do concello na realización da mesma. A pesar de ser o segundo ano que se organiza esta carreira, a proba estase a converter nunha das máis importantes deste tipo que se celebran no calendario galego. A organización xa está a traballar na edición do ano que vén na que se prevén importantes novidades entre elas a participación de Chema Martínez, un dos mellores fondistas da historia de España. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/23/carreirapopularsinson231213.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/23/carreirapopularsinson231213.mp4{/flowplayer}