POBRA> O alcalde, José Carlos Vidal, xunto co arquitecto municipal, acompañaban esta mañá a membros da directiva do Club Remo Puebla a supervisar as instalacións da sede do Club que foron pasto do incendio de hai dous días.
Segundo puideron constatar nunha primeira análise a estrutura da nave está gravemente danada, polo que haberá que derrubala e reconstruíla practicamente de novo.
Dende o Club non agochan a súa tristura ante tales acontecementos. As instalacións quedaron totalmente destruídas polo incendio.
Pero ademais dos importantes danos materiais, existen tamén outras perdas que serán irreparables.
Dende o Club agradecen tamén as numerosas mostras de cariño recibidas estes días, tanto de veciños como de outros clubs e entidades de toda Galicia e incluso de fóra.
Todo unha serie de apoios que sen dúbida lle están a dar folgos nestes difíciles momentos e que os axudarán a saír adiante de novo.
A marea verde do Club non para ante calquera adversidade…e de seguro que esta os fará aínda máis fortes.