A Deputación da Coruña renova o seu compromiso co castro de Baroña

    PORTODOSON> A Deputación da Coruña seguirá apostando pola promoción do castro de Baroña como un dos elementos máis singulares do patrimonio arqueolóxico galego. No pleno provincial celebrado esta mañá aprobouse a renovación do convenio, por valor de vinte mil euros, para o desenvolvemento das actividades do centro de interpretación do castro. Entre elas, destacan as visitas guiadas ó xacemento e ós petroglifos do municipio así como as xornadas de interpretación que se celebran anualmente. Esta achega sufraga o sesenta e seis por cento do programa. O concello deberá completar o orzamento total que supera os trinta mil euros.