Pontevedra> Unha Xunta de Goberno Local tamén amosou a súa desconformidade coa modificación da ordenanza de circulación aprobada en pleno pola oposición. Segundo explicou esta mañá a concelleira de Urbanismo, trátase dunha moción presentada polo PP que non se levará a cabo por dous motivos. O primeiro porque tería un custe moi elevado e innecesario o segundo porque non defende o modelo de cidade de Pontevedra onde a prioridade recae sempre nos peóns.
A modificación da ordenanza da circulación aprobada no pleno pola maioría da oposición non sairá adiante así o acordou a Xunta de Goberno local. Esta ordenanza, centrada nos lombos da cidade, foi presentada polo Partido Popular que segundo a concelleira de Urbanismo o único que buscaba é atacar o modelo de cidade de Pontevedra. Segundo Carme da Silva, de aprobar esta ordenanza o concello retrocería en seguridade e a prioridade dos peóns. Por estes motivos e polo custe que traería consigo esta proposta dos populares non se levará a cabo.
Agora o secretario deberá informar en pleno desta decisión de que se paraliza definitivamente esta tramitación desta proposición da modificación da ordenanza de circulación en Pontevedra.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/12/lombos_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/12/lombos.mp4{/flowplayer}