O Ganapán abre as súas portas un curso máis para os pequenos da cidade

Pontevedra> Este xoves reiniciouse a actividade escolar no espazo Infantil do Mercado, “O ganapán”, con dúas visitas dos nenos de Educación Infantil do CEIP A Xunqueira I. A partir desta semana, todos os xoves o Mercado estará cheo de pequenos das escolas locais, nunha actividade que consiste en visitar distintos postos para coñecer o mercado dende dentro, e descubrir que posúe actividades para todos os membros da familia.

Os máis pequenos da cidade xa poden coñecer o Mercado de Abastos en profundidade grazas a actividade escolar do Ganapán. Nesta xornada foron os alumnos de infantil da Xunqueira os que puideron adentrarse no mercado, ver de cerca a carne, o peixe e incluso baixar ás cámaras para ver onde se conservan estes produtos de primeira calidade. Tratase de visitas moi importantes para este punto neurálxico da cidade.

Trátase de que os pequenos coñezan o mercado e de cambiar o chip, de entender que no Mercado de Pontevedra hai actividades para todos os membros da familia. Estas visitas realízanse en dúas quendas diarias e dependendo da semana hai entre 2 ou tres visitas. Para a monitora deste espazo trátase dunha actividade moi positiva.

As visitas duran preto dunha hora e media, os pequenos poden amosar o seu coñecemento sobre o medio e tocar e descubrir moitas especies. De cara ao final da visita estes convidados pasan polo espazo do Ganapán onde ademais de pasar un bo rato tamén degustarán un bo produto.

Durante o curso pasado máis de 1200 nenos pasaron polo Mercado nesta visitas escolares, e neste ano, ata maio, haberá tempo tamén para moito desfrute.