Boiro acolle este domingo as finais do Master Provincial de Tenis

BOIRO> O torneo, que chega este ano á súa décima edición, está organizado polo Club Tenis Boiro e patrocinado pola conserveira Jealsa. O pasado xoves deu comezou en Boiro a décima edición do Máster Provincial de tenis na que toman parte os 16 primeiros xogadores, a nivel masculino e feminino, da provincia da Coruña, segundo o ranking da Federación Española. O torneo, que repartirá uns 1220 euros en premios, conta coa participación, en categoría feminina, das cinco primeiras xogadoras do ranking galego, entre as que destaca a número un, a coruñesa Natalia Galán, actual defensora do título. En categoría masculina, o vigués, Miguel Casal, que suma catorce campionatos galegos, que esta tempada ten licenza por Coruña, e pode participar, é un dos grandes favoritos a levarse a vitoria final. As finais serán o domingo, no pavillón de Barraña, ás catro da tarde a feminina e ás cinco e media a masculina, para a continuación proceder á entrega dos premios. Un acto ó que está prevista a asistencia de diversas autoridades {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/27/masterprovincialtenisboiro271213.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/27/masterprovincialtenisboiro271213.mp4{/flowplayer}