PONTEVEDRA> O Pleno da Deputación de Pontevedra volveu a ser o escenario das protestas dos afectados polas preferentes de Nova Galicia Banco. Aquí, os preferentistas amosaron a súa desconfianza a cerca de que a nova propietaria Escotet resolva o problema da comercialización de preferentes e subordinadas en menos de 90 días. Amais pediron á Deputación que anulase as sancións impostas ós preferentistas durante as súas protestas, especialmente nas comarcas do Baixo Miño e no Rosal. Os afectados polas participacións preferentes de Novagalicia Banco do sur da provincia de Pontevedra volveron a irromper no Pleno da Deputación de Pontevedra para reclamar o apoio dos tres grupos políticos a prol dos seus intereses. En primeiro termo, desde a plataforma de Vigo-Val Miñor anunciaron a súa intención de presentar unha querela criminal contra o Consello de Administración de NovaGalicia Banco. Un proceso para o que piden á Deputación que lles sufrague alomenos un tercio do custe. Amais reclamaron ó Ente Provincial que se reúna co Presidente de Banesco, Juan Carlos Escotet Rodríguez, entidade que ven de mercar Nova Galicia Banco e da que se agarda que solucione en tres meses o problema da comercialización dos productos bancarios considerados tóxicos. O Presidente da Deputación anunciou que intentaría manter esta xuntanza, unha vez que Escotet tome plena posesión da dirección do Banco. Os afectados polas preferentes e subordinadas pediron asemade que se lle retirasen as sancións, para eles inxustas e sen sentido, que lles foron impostas durante varias manifestacións e mobilizacións. O Presidente da Deputación asegurou que estas sancións non eran impostas polo Goberno Provincial nin lles correspondía a eles a potestade sobre as mesmas, co que pouco podían facer. Pola súa banda, a oposición posicionouse á favor dos preferentistas renovando o seu apoio á súa causa; facendo de paso, unha negativa valoración do proceso de venda de Nova Galicia Banco. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/27/preferentes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/27/protestas_pleno_deputacion.mp4{/flowplayer}
Inicio PONTEVEDRA