Axenda completa para a primeira misión comercial do Concello

Pontevedra> Esta mañá a concelleira de Promoción da Cidade de Pontevedra presentou a axenda que a delegación da capital galega terá na súa misión en México. Unha cita que terá lugar a finais deste mes de agosto e que contará cunha intensa axenda con máis de 40 reunións. Oito días en México, 40 reunións, vistas a dous estados e tres cidades, ese podería ser o resumo moi xeral da axenda coa que contará a delegación de comerciantes e o concello na súa viaxe a México. Unha viaxe que terá lugar do 22 ao 31 deste mes de agosto e que ten como fin posicinar Pontevedra na cidade de México. Serán finalmente 10 empresas as que acompañarán ao alcalde e a concelleira de Promoción da Cidade e Turismo nesta andaina. Estarán no acto inaugural de Expopymes, a cidade do Lérez será protagonista na Cineteca Nacional de México e dunha conferencia no Centro Cultural de España en México, a ruta seguirá por diferentes localidades entre as que está Celaya, León e Querétaro. A recta final da vaxe será para compromisos propios do concello cunha parada no Senado onde o alcalde explicará o modelo urbano de Pontevedra e xa para rematar parada tamén no Instituto Teconolóxico Autónomo de México.