A Guía Básica de Espazos Públicos e Mobilidade Amable aspira a se converter en referencia a nivel estatal

218

Pontevedra> A través dunhas xornadas inauguradas hoxe, a Deputación de Pontevedra presentou a Guía Básica de Espazos Públicos e Mobilidade Amable. Este texto pretende ser un documento de axuda para protocolarizar próximas actuacións nos espazos públicos, orientadas a recuperar a prevalencia das persoas por riba dos automóviles.

A Guía Básica de Espazos Públicos e Mobilidade Amable, presentada esta mañá no Pazo Provincial, quere converterse en texto de referencia para o deseño de espazos públicos máis orientados cara as persoas. O autor, Fernando Nebot, destacou o desenvolvemento da mobilidade amable no ámbito galego.

O deputado de mobilidade, Uxío Benítez, indicou que o documento aspira a ser replicado tanto na provincia coma fóra de Galicia, e que coma texto básico está aberto a aportacións.

A presidenta da Deputación, pola súa banda, lembrou que son as entidades locais as que teñen competencias para mellorar o espazo público.

O texto, de carácter técnico, será explicado e debatido nunhas xornadas  que contarán con conferencias e mesas redondas onde se presentarán exemplos prácticos, como os executados no marco do Plan Móvese para o calmado do tráfico.

COMPARTIR