A Deputación e o Concello de Pontevedra asinan un convenio para reformar o edificio da rúa Michelena

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra e a Deputación Provincial asinaron esta mañá un convenio de colaboración. Este estará dirixido á reforma e adecuación das oficinas municipais do edificio da rúa Michelena. En total, 528.000 euros para remodelar o baixo e a segunda planta.

Este foi o momento no que a presidenta da Deputación Provincial e o alcalde de Pontevedra asinaban un novo convenio de colaboración. Un acordo para levar a cabo a reforma da planta baixa e do segundo andar deste edificio. O obxectivo, adecuar todo este espazo ás recomendacións das autoridades sanitarias tras o Covid-19.

No edificio administrativo redistribuíranse os espazos para garantir as distancias e medidas de seguridade. Ademais, habilitarase unha sala de reunións para celebrar as mesas de contratación do Concello, as comisións informativas e as Xuntas de Goberno. A presidenta da Deputación aproveitou este encontro para enviar unha mensaxe ao resto das administracións.

A reforma deste edificio está valorada en 528.000 euros. Con este orzamento, ascende xa a 2 millóns de euros a cantidade que a Deputación Provincial ten previsto destinar en diferentes proxectos do Concello de Pontevedra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí