Os técnicos acosellan aos viticultores tratar os viñedos para previr o mildiu

MEAÑO> Os traballos no campo non cesan durante a corentena. Os viñedos atópanse na etapa de foliación. Os viticultores aconsellan tratar as viñas para previr enfermidades como o mildiu.

Na actualidade, os viñedos atópanse na etapa da foliación, momento no que ser forman as moléculas dos ácidos e azucres das follas da viña. Os traballos no campo nesta época están destinados a evitar a acumulación de pámpanos e a combater enfermidades como o mildiu.

O mildiu é unha das grandes ameazas que se encontran os viticultores, para combatelo non queda outra opción que tratar os viñedos, para elo é importante ter en conta as condicións climatolóxicas.

Os técnicos aconsellan traballar moi ben os viñedos nesta etapa para conseguir que florezan sen ningún tipo de enfermidade.

Outros traballos que se poden realizar nesta época teñen que ver cos coidados do chan. Tendo en conta as condicións meteorolóxicas pode realizarse encalados ou portes de abono mineral.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí