Stop Desafiuzamentos reclama maior coordinación fronte á crise

    BARBANZA> O próximo día 3 de xaneiro está prevista unha xuntanza de tódalas asociaicións benéficas da comarca para buscar medidas comúns para actuar ante as administracións públicas. As dificultades económicas e sociais polas que están a atravesar moitas familias na comarca do Barbanza, non pasan desapercibidas para a plataforma Stop Desafiuzamentos, que vén de remitirlle un escrito a tódolos concellos da zona no que demanda artellar de xeito urxente unha serie de medidas consensuadas coas entidades sociais e benéficas para paliar dalgún xeito esta situación. Dende a plataforma Stop Desahucios reclaman tamén que sexan os propios departamentos de Servizos Sociais de cada concello os que coñezan a problemática do seu entorno e actúen directamente sen esperar a que sexan as familias as que chamen ás súas portas, co que se evitarían situacións, segundo eles, de auténtica indefensión e abandono. Unha das medidas que poderían poñerse en marcha dende cada concello podería ser a creación dun fondo municipal de solidariedade urxente fronte á crise, que estaría dotado cunha determinada partida económica, e que serviría para axudar ás familias con problemas. Para os membros desta plataforma considérase tamén necesario de que un 10% dese diñeiro sexa destinado a un fondo de cooperación comarcal entre municipios. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/30/stopdesafiuzamentosescritoconcellos301213.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/30/stopdesafiuzamentosescritoconcellos301213.mp4{/flowplayer}