Vázquez anuncia que ata o luns non se saberá cando haberá auga potable

    CALDAS > Ata o vindeiro luns non se saberá cando poderá volver a consumirse a auga da traída en Caldas. Así o anunciou o conselleiro de Medio Ambiente no propio concello, onde explicou que o episodio contaminante no encoro está producido pola alga …

    manuelvazquez_300_111006.jpg… microcistis que existe habitualmente neste tipo de hábitats aínda que nunha concentración moito menor á actual. Augas de Galicia porá en marcha un sistema de tratamento específico para esta alga a base de inxección de ozono e decantacion por carbón activo ou filtro de area.

    Un sistema que permanecerá no futuro para evitar que se repitan situacións coma ésta e que en caso de volver a reproducirse o problema, se poida actuar de inmediato.

    Queixas veciñais

    Varios dos directivos da Asociación de Veciños Río Umia de Caldas acoderon ó concello esta mańá para tratar de falar co conselleiro e pedirlle unha solución definitiva a un problema que, aseguran, ven de lonxe. Por iso varios membros da asociación vecińal Río Umia acudiron hoxe á casa do concello.

    Querían escoita-las explicacións do conselleiro e pedirlle unha solución definitiva ós problemas de potabilidade da auga. Pola súa banda o alcalde anunciou que haberá axudas para os afectados por esta situación.

    Redacción Salnés