Daniela Cordero López é a primeira nena nada no Salnés no 2014

    O SALNÉS> Daniela Cordero López é a primeira nena que naceu este ano no Hospital do Salnés. Fíxose a remolona uns 12 días para acaparar tódalas portadas deste primeiro de ano. Pesou 3.820 quilos e mediu 52 centímetros. Estas son as marcas do primeiro bebé que naceu este primeiro de ano no Hospital do Salnés. Chámase Daniela e irá a vivir a Vilaxoán. Naceu a pasada amencida e hoxe a familia, case ó completo, estaba a darlle a benvida e colmaba de atencións á feliz mamá. E é que o de chegar de primeira parece que lle ven a Daniela de familia. Súa nai tamén adoitaba cruzar a primeira a meta nas regatas. Foi remeira ó máis alto nivel galego. Luz María saíra de contas fai uns doce días pero Daniela non quixo saír ata o 2014; o que a converteu na nena máis famosa do Salnés este ano; algo que sorprendeu ó seu pai. Daniela é a primeira filla desta parella de pais primeirizos; ós que lle queda agora por diante un 2014 cheo de novidades, choros, cambios de cueiros e noites sen durmir. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/02/daniela.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/02/primeiro_neno_salnes.mp4{/flowplayer}