Esperta Vilaxoán reclama melloras de seguridade viaria na PO-549 e na rúa Veiga do Mar

VILAXOAN> A plataforma veciñal Esperta Vilaxoán pide melloras de seguridade viaria na PO – 549 e na rúa Veiga do Mar. Os veciños alertan da alta velocidade pola que os vehículos circulan nesas estradas nas que se rexistrou un novo atropelo a semana pasada. Agardan que o goberno de Vilagarcía aprobe adoptar medidas no pleno desta semana.

A veciñanza de Vilaxoán volve mobilizarse esixindo melloras de seguridade viaria nas rúas da súa vila. Dende a plataforma Esperta Vilaxoán poñen o seu foco en dúas estradas. Unha delas é a PO – 549. Os veciños denuncia alta velocidade á circulan os vehículos e a escasa sinalización.

De feito nesta estrada, a semana pasada foi atropelada unha muller que se está a recuperar no hospital. Aínda que ten titularidade autonómica, Esperta Vilaxoán agarda que a xunta e o concello cheguen a un acordo para mellorar a seguridade.

A outra estrada, de titularidade xa municipal, é Veiga do Mar. Segundo os veciños, esta rúa asumirá agora todo o tránsito de vehículos pesado e, sen embargo, carece de beirarrúas nun dos laterais ademais de ter o paso de peóns nunha zona con pouca visibilidade.

Esta semana, o concello de Vilagarcía levará a pleno as melloras de seguridade viaria na rúa Ameixeiras que tanto solicitaron dende as asociacións veciñais da zona. Dende Esperta Vilaxoán agardan que tamén se debatan as melloras nestas estradas e que non se teñan que agardar a que ocorra outro atropelo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí