A rúa cambadesa Isabel II converterase en peonil

    CAMBADOS> Continúan as obras de rehabilitación do casco histórico de Cambados. Nestas últimas semanas rematouse ca rehabilitación da Rúa Isabel Segunda, que dentro de pouco será pechada ó tráfico rodado. O Subdelegado da Xunta de Galicia en Pontevedra visitou hoxe co Alcalde de Cambados e o xefe territorial de Economía e Industria, Ignacio Rial, o resultado das obras de rehabilitación da rúa Isabel II, na confluencia ca Praza Ramón Cabanillas,en pleno casco urbán. Fai uns días que remataron os traballos e agora en breve esta rúa converterase en espazo peonil. A actuación consistiu nun asentamento de lastros e dotouse de beirarrúas de granito, habilitándose zonas de carga e descarga e aparcadoiros para discapacitados.No subsolo, instalouse unha nova rede de canalización e recollida de augas pluviais. Concello e Xunta entenden que avanzar na peonalización deste entorno beneficiará ó pequeno comercio local. Esta obra ven a sumarse á rehabilitación acometida no Barrio de Santo Tomé e ás que se están a levar a cabo en Fefiñáns. De aquí en adiante procurarase un financiamento mixto entre o Concello, a Deputación a Xunta de Galicia e o Goberno Central para poder remodelar tamén a Praza de Abastos cambadesa. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/03/rua.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/03/obras_rua_isabel_cambados.mp4{/flowplayer}