Os Reis Magos mercan nas Rías Baixas os seus últimos agasallos

    SANXENXO> Os Reis Magos apuran estes últimos días para mercar nas tendas das Rías Baixas os agasallos que lle pediron tódolos nenos e nenas. Como cada ano, acudimos a unha das xogueterías do Salnés para saber cales son os xoguetes máis desexados e se hai algún xa esgotado. Pepa Pig, Violeta e as Tartarugas Ninja están a rachar ca pana este Nadal. Son uns dos xoguetes preferidos polos rapaces das Rías Baixas xunto os cada vez máis imprescindibles videoxogos. As preferencias varían segundo as idades pero de novo este ano volvemos a encontrarnos cos xoguetes de moda que acaparan as peticións ós Reis Magos.O gasto medio por neno xira en torno ós 50-60 euros. E é que de novo este ano hai algún xoguete esgotado, o que obrigará ós Reis a buscar algunha alternativa de última hora. E de novo este ano, os videoxogos volven a gañar terreo. Raro é o fogar onde os Tres de Oriente non deixen un trebello electrónico ou videoxogo. Aínda que o que piden os nenos non sempre é o máis axeitado. Fronte ó xogo individual das máquinas electrónicas cómpre introducir xoguetes nos que o neno xogue con outros iguais e se socialice. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/03/xoguete.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/03/previo_compras_reis.mp4{/flowplayer}